Presentación da “Antoloxía poética”, de Enrique Labarta, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 16, Abril 2024 / 19:00
Data e hora de remate: 16, Abril 2024 / 20:00
C.P.

O martes 16 de abril, celebrarase, ás 19 h, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a presentación da Antoloxía poética, de Enrique Labarta, en edición de Xosé María rey Lema e Xosé Manuel Varela.

Acompañando os editores, participarán Manuel Vilar Álvarez, presidente do Museo do Pobo Galego; Jorge Mira Pérez, voceiro da Comisión Letras Galegas para Labarta Pose; Manuel Muíño Espasandín, alcalde do Concello de Zas; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email