O sábado 7 de outubro, celebrarase, no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela, a representación teatral da obra Run baby run, de Fátima Delgado, dirixido por Jana Pacheco.
A obra conta cun elenco composto por Alba Loureiro, Camila Bossa, Celina Fernández Ponte e Daniel Méndez, encargadas de dar vida aos personaxes.
Run Baby Run é unha coprodución do Teatro Español, o Centro Dramático Galego, Meninas Teatro e Proversus, co apoio da Xunta de Galicia e a Consellería de Cultura da Comunidade de Madrid.