O martes 31 de maio, celebrarase, ás 20:30 h, un Parladoiro das Letras, con Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, no Teatro Principal da Estrada.
Estará moderado polo comunicador Pablo García.
O Concello da Estrada organiza estas actividades con motivo do 75º aniversario do Teatro Principal.
Colabora O Recuncho da Lingua de Radio Estrada.