O 11 de abril, celebrarase, ás 16:30 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, en Santiago de Compostela, a mesa de relatorios O territorio como memoria. A Guía de Galicia (1926), con intervencións de Manuel Gago Mariño e Xosé Antonio López Silva, arredor da construción do territorio e da identidade na obra oteriana.