O sábado 28 de maio, celebrarase, no barco de liña regular Vigo-Moaña, ás 21:30 h, e Moaña-Vigo, ás 22 h, no último barco, un micro aberto en homenaxe a Domingo Villar.
“Ás once en punto, o Pirata de Ons soltou amarras en Moaña e avanzou au ralentí entre as bateas. Leo Caldas ía na cuberta superior, detrás da ponte de mando, mentres que o resto da pasaxe facía o traxecto na cabina, a resgardo do frío”.
Todas as persoas interesadas poderán achegarse a ler un fragmento dalgunha das obras de Domingo Villar, no último barco.