O xoves 16 de maio, celebrarase, ás 19 h, na libraría de El Corte Inglés, en Vigo, unha sesión de Micro Aberto, para celebrar o Día das Letras Galegas.
Contará coa participación de autoras e autores da nosa casa, como María Alonso Seisdedos, autora de "As Jermaine"; Rexina Vega, autora de "O teu perfil na miña sombra"; Xulio Teixeira, autor de "As vidas do río"; An Alfaya, autora de "O corazón das casas"; Antonio García Teijeiro, autor de obras como "Que demo de monicreque!"; ou Juan Parcero, autor de "Na canella infinita"; que participarán lendo algúns fragmentos das súas obras.