Mesa redonda “Centenario de Olga Gallego”, en Vigo

Data e hora de comezo: 6, Outubro 2023 / 12:00
Data e hora de remate: 6, Outubro 2023 / 13:00
C.P.

O venres 6 de outubro, celebrarase, ás 12  h, no Salón de actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo, unha mesa redonda que leva por título Centenario de Olga Gallego, organizada pola Fundación Penzol e a Fundación Olga Gallego, en colaboración coa Real Academia Galega e o Concello de Vigo.

No acto, participarán Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; Pedro López, presidente da Fundación Olga Gallego; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Gorka Gómez; concelleiro delegado de Cultura do Concello de Vigo; Malós Cabrera, vicepresidenta segunda da Fundación Penzol; Carmen Pérez Pais, profesora da Universidade da Coruña e padroeira da Fundación Penzol; e Mar García Miraz, xefa do servizo do Arquivo de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email