O xoves 5 de novembro, ás 19 h, o salón de actos da Fundación Penzol – Casa Galega da Cultura de Vigo acollerá a conferencia "Máis poesía e máis quilowatts: Xaime Isla, Ramón Piñeiro e o desenvolvemento de Galicia".
A conferencia será impartida por Xosé L. Pastoriza Rozas, profesor de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e padroeiro da Fundación Isla Couto.
O relator será presentado por José Ramón Rodríguez Lago, profesor de Historia na Universidade de Vigo.
O acto está organizado pola Fundación Isla Couto, coa colaboración da Fundación Penzol.