Inauguración da exposición biobibliográfica “Ramón Otero Pedrayo. 1888 – 1976”, en Vigo

Data e hora de comezo: 31, Marzo 2026 / 11:30
Data e hora de remate: 31, Marzo 2026 / 12:30
Fundación Penzol
Praza da Princesa, 2
C.P.
Vigo

O martes 31 de marzo, celebrarase, ás 11:30 h, a inauguración da exposición biobibliográfica Ramón Otero Pedrayo. 1888 - 1976 que a Fundación Penzol, coa colaboración da Cátedra Institucional Otero Pedrayo da USC, instala no vestíbulo da súa sede, na Casa Galega da Cultura de Vigo.

No acto participarán, Xosé Manuel Dasilva, subdirector da Fundación Penzol; Dolores Vilavedra, directora da Cátedra Institucional Otero Pedrayo; e Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol.

Estará dispoñible ata o 14 de xuño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email