Inauguración da exposición “Virxinia Pereira. Dez voltas na vida”, en Rianxo

Data e hora de comezo: 1, Outubro 2026 / 00:00
Data e hora de remate: 1, Outubro 2026 / 00:00
C.P.

O xoves 1 de outubro, inaugúrase na praza de Padrón de Rianxo a exposición Virxinia Pereira. Dez voltas na vida.

A mostra achega á cidadanía a vida e o legado de Virxinia Pereira Renda a través de doce paneis que percorren algúns dos momentos máis relevantes da súa traxectoria.

A exposición está comisariada por Xesús Domínguez Dono e producida por Editorial Galaxia, co asesoramento da escritora Montse Fajardo. Está promovida conxuntamente polos concellos da Estrada e Rianxo e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua.

A iniciativa enmárcase no irmandamento entre A Estrada e Rianxo e coincide coa declaración de 2026 como Ano Cultural Virxinia Pereira por parte do Concello da Estrada.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de xaneiro de 2027.

Comparte nas túas redes sociais ou por email