O xoves 15 de setembro, celebrarase, ás 17:30 h, no Museo do Pobo de Santiago de Compostela, a inauguración da exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños, comisariada por Ricardo Gurriarán.
Esta exposición é un proxecto da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras.
No evento, participarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, Ricardo Gurriarán, escritor e biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.
Agradécese confirmación enderezo electrónico: sxpl.secretaria@xunta.gal
A Editorial Galaxia produce para a Xunta de Galicia, baixo o comisariado de Ricardo Gurriarán, familiar do persoeiro recoñecido en 2022 co Día das Letras Galegas, a gran exposición "Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños".