O 14 de abril ás 12:00 h terá lugar a inauguración da exposición biobibliográfica que a Fundación Penzol e Cátedra Institucional Otero Pedrayo da USC realizan conxuntamente e que se instalará no 1º andar na Facultade de Filoloxía. Á apertura asistirán o decano, Elias Feijó; a vicedecana Elsa González, e a directora da Cátedra, Dolores Vilavedra.
A exposición, que estará aberta ao público ata o 17 de maio, forma parte das actividades que a Cátedra promove co gallo da declaración de 2026 como Ano Otero Pedrayo, conmemorativo do 50 cabodano do seu pasamento.
De carácter divulgativo, a mostra presenta en oito paneis un completo percorrido pola traxectoria vital, intelectual e académica do polígrafo ourensán, que se complementan cunha selección das publicacións do escritor e historiador ourensán que forman parte dos fondos da biblioteca da Facultade de Filoloxía.