Inauguración da exposición “As querencias de Alfonso”, en Nigrán

Data e hora de comezo: 25, Xuño 2025 / 19:00
Data e hora de remate: 25, Xuño 2025 / 20:00
C.P.

O mércores 25 de xuño, ás 19:00 h, no Auditorio Municipal de Nigrán, celebrarase a inauguración da exposición As querencias de Alfonso, dedicada ao autor Alfonso Álvarez Cáccamo. Coa intervención do alcalde de Nigrán, Juan González Pérez, e membros da comisión organizadora.

Ás 19:30 h, terá lugar a palestra A literatura de Alfonso Álvarez Cáccamo. Moderada por Antón Mascato, editor.

Interveñen as escritoras e escritores, Manuel Forcadela, Gonzalo Navaza, Marga do Val, Xavier Queipo, Xosé Cid Cabido e Marta Dacosta.

A exposición das obras de Alfonso Álvarez Cáccamo poderá visitarse do 25 ao 28 de xuño no Auditorio Municipal de Nigrán, en horario de 18:00 a 22:00 h.

Comparte nas túas redes sociais ou por email