O venres 15 de maio, celebrarase, ás 12 h, na zona peonil do Calvario (Urzáiz, 213 a 217), en Vigo, a inauguración da exposición exterior Begoña Caamaño no Calvario vigués.
O acto contará coa presenza de Ramón Nicolás, comisario da mostra, de Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia e Abel Caballero, alcalde do Concello de Vigo.
O proxecto está comisariado por Ramón Nicolás e coordinado por Xesús Domínguez Dono. O deseño e a maquetación son obra de Hayat Husein, e as ilustracións, de Carlos Gallego, procedentes do libro "A nena que perdeu un zapato na lama", de R. Nicolás.
Para a súa realización contouse tamén co apoio do Arquivo Begoña Caamaño (ABC), a Asociación de Veciños do Calvario (ASVC) e o Arquivo Editorial Galaxia (AEG).