Homenaxe a José Gil, en Vigo

Data e hora de comezo: 7, Abril 2024 / 11:00
Data e hora de remate: 7, Abril 2024 / 13:00
C.P.

O sábado 7 de abril, celebrarase, a partir das 11 h, no Cementerio de Pereiró, en Vigo, un homenaxe a José Gil.

Colocarase unha placa conmemorativa na tumba do pioneiro do cinema galego.

Entre as 11 h e 12 h, celebrarase unha visita guiada ao cinemóbil Nº 3 a cargo de Manolo González, especialista no cineasta e autor de Nos días encantados de agosto, Premio Antón Losada Diéguez de Ensaio 2023.

Ás 12 h colocarase a placa en presenza de Abel Caballero, alcalde do Concello de Vigo; Carmela Silva, primeira tenente alcalde de Vigo e delegada da área de goberno de Patrimonio histórico, Cultura, Igualdade e Normalización; Gorka Gómez, concelleiro de Cultura; Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente; Manolo González, especialista e biógrafo de José Gil; Ignacio Vilar, director de cine; Xoán Mariño, responsable de Cine na Rúa; Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email