O xoves 19 de febreiro, celebrarase, ás 11 h, no Salón de Actos do IES Castelao, en Vigo, unha homenaxe a Begoña Caamaño.
Presentarase o libro de Ramón Nicolás A nena que perdeu un zapato na lama.
No acto, estarán Beatriz Caamaño, a irmá de Begoña, Maika Aguado, amiga da homenaxeada no Día das Letras Galegas, Su Garrido, música; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.