O sábado 7 de outubro, celebrarase, a partir das 12 h, na tenda Reizentolo, da rúa Príncipe, en Vigo, unha festa de presentación arredor do libro Antes molabamos máis. 20 aniversario, publicado por Editorial Galaxia.
O acto contará coa actuación musical de Lagharteiras, ás 12 h, e da Dj Teresa Ferreiro, ás 13 h.