O mércores 10 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Museo de Arte Sacro de Vilanova de Lourenzá, a inauguración da exposición, que leva por título Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva.
No acto, estarán, Anxo M. Lorenzo, director xeral de cultura da Xunta de Galicia, Malós Cabrera, co-comisaria da exposición, Xosé Soutullo, Conselleiro de Editorial Galaxia e Director da Fundación Penzol, Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Rocío López, alcadesa de Lourenzá.
Celebrarase un percorrido pola exposición.