Inauguración da exposición biobibliográfica “Ramón Otero Pedrayo (1888–1976)” en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 1, Decembro 2026 / 20:15
Data e hora de remate: 1, Decembro 2026 / 21:00
El Corte Inglés – Santiago de Compostela
Rúa do Restollal, 50
C.P. 15702
Santiago de Compostela

O martes 1 de decembro, celebrarase, ás 20:15 h, no Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela (rúa do Restollal, 50), a inauguración da exposición biobibliográfica "Ramón Otero Pedrayo (1888–1976)".

O acto contará coa participación de Eva Calvo, coordinadora do Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela; Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Ramón Otero Pedrayo; Marcos Calveiro, director de Editorial Galaxia; e Silvestre Gómez Xurxo, padroeiro da Fundación Penzol.

Ás 20:30 h celebrarase unha visita comentada a cargo de Manuel Gago Mariño, responsable da edición crítica do centenario da Guía de Galicia, de Ramón Otero Pedrayo.

A exposición poderá visitarse até o 31 de decembro de 2026.

Comparte nas túas redes sociais ou por email