Exposición biobibliográfica arredor de Luísa Villalta, Letras Galegas 2024, en Vigo

Data e hora de comezo: 22, Maio 2024 / 12:30
Data e hora de remate: 22, Maio 2024 / 13:30
Fundación Penzol
Praza da Princesa, 2
C.P.
Vigo

O mércores, 22 de maio, ás 12:30 h, celebrarase a inauguración da exposición biobibliográfica que a Fundación Penzol instala no vestíbulo da súa sede, na Casa Galega da Cultura de Vigo, como homenaxe á escritora a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas de 2024, Luísa Villalta.

O acto contará coa participación de Malores Villanueva, secretaria do Padroado da Fundación Penzol; Susana, Villalta, irmá da homenaxeada; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email