O venres 10 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, en Mesía, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.