Presentación de “S.O.S.”, Premio Vidal Bolaño, no Porriño

Data e hora de comezo: 16, Novembro 2026 / 18:00
Data e hora de remate: 16, Novembro 2026 / 19:00
Concello de Porriño
Rúa Antonio Palacios
C.P. 36400
Porriño

O luns 16 de novembro celebrarase, ás 18 h, no salón de plenos do Concello do Porriño, a presentación de "S.O.S.", de Carlos Labraña, obra gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño 2026.

O acto contará coa presenza do autor, Carlos Labraña, acompañado de Raquel Castro, coordinadora do Premio Vidal Bolaño e escritora; Marcos Calveiro, director de Editorial Galaxia; e Alejandro Lorenzo, alcalde do Concello do Porriño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email