O luns 16 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, en Vigo, un encontro que leva por título A Guía de Galicia de Ramón Otero Pedrayo: cen anos dun xeito de entender Galicia e Vigo.
Presentarase a nova edición, a cargo de Manuel Gago; con el, participarán Calros Solla, escritor; Antonio Giráldez, historiador; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.