O luns 9 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, en Vigo, a presentación do libro Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa, de Betty León Fong, organizada por Club Faro.
Acompañando a autora, estará Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.