O domingo 3 de decembro, celebrarase, ás 12 h, no espazo Arte, no Culturgal, un acto arredor do Álbum Ilustrado.
Será unha conversa arredor dos libros Maruchi e o gancho, Premio Quiñoi de Álbum Ilustrado, de Laura Cid Rascado; Miña casiña, meu lar, de Rosalía de Castro, ilustrado por Blanca Millán; e Xe, de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel.
Acompañando as autores, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.