Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Buenos Aires

Titularase Mar MAIOR-Editorial Galaxia e concíbese como a "editorial dos galegos no mundo", unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Buenos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate "Tendencias" dentro da Feira Profesional do Libro, […]
O SABRE DO FRANCÉS

Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada con dous relatos: un inédito, titulado 'A negativa do dragón Émeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormente publicado en volume exento. Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras […]
CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO en Gondomar

Este sábado será especialmente intenso para o libro 'Carta urxente para Máximo Toxo', de Diego Rey, na vila de Gondomar. Así pois no club de lectura Lendo Contigo, que se celebra ás 12:00 h na Biblioteca Municipal Gondomar, falarase sobre o libro co seu autor. E logo, ás 18:00 h, no Auditorio Municipal Lois Tobío, […]
Cultura, empresa e galeguismo

A Real Academia Galega vén de dedicar o Día das Letras Galegas deste ano a Valentín Paz-Andrade (1898-1987). Hai pouco que nos deixou outro dos grandes: Isaac Díaz Pardo (1920-2012). O número 193 de Grial dedica o seu monográfico a estes dous persoeiros da cultura galega, mais dende una óptica distinta. Ambos os dous teñen […]
Premios para Vítor Vaqueiro e Antón Riveiro Coello

O pasado sábado, dous libros de Editorial Galaxia recibiron dous dos premios máis importantes dos que se conceden no noso país. Por unha banda, os críticos literarios españois, reunidos en Segovia, decidiron que 'Laura no deserto', de Antón Riveiro Coello, e 'Cráter', editado por Edicións Toxosoutos, de Olga Novo, nas modalidades de narrativa e poesía, […]
Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase en todo o mundo o Día do Libro. E como cada ano, volvemos facer recordatorio da fe común que mantemos arredor deste obxecto que é moito máis ca unha cousa: dentro viven pensamentos, verbas de amor, tramas inauditas, personaxes inesquencibles, ideas para transformar o mundo. Hoxe reivindicamos, tamén, o libro […]
CONTOS PARA IR DURMIR

Este martes, ás 20:00 h, terá lugar na librería Andel (rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo a presentación do debut literario de Roi Méndez, Contos para ir durmir, publicado na colección Árbore de Galaxia. Estará acompañado neste acto polo editor, Francisco Castro. É un libro de contos para ler a calquera hora. Tamén para ir […]
Entrega do premio Rosa dos Ventos a Víctor F. Freixanes

"As culturas sostéñense sobre o capital humano, sobre a intelixencia, sobre os homes e mulleres que son capaces de soñar o futuro", asegurou o xoves o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, ao recibir de mans dos alumnos do Instituto Santiago Apóstol o premio Rosa dos Ventos. Na cerimonia engadiu que ese rapaces […]