Os libros máis vendidos do 2019

O 2020 comeza dándonos a alegría de ser o ano do noso 70 aniversario e o centenario da Xeración Nós, pero deixando tamén tras de sí, a lista de títulos máis vendidos deste 2019. Son moitos os libros que nos fan sentirnos orgullosas e orgullosos e con cada un deles emprendemos unha aventura diferente. Velaquí […]
“Unha historia da música en Galicia”, recomendado en Rockdelux

Velaquí deixamos a lista de mellores libros pop 2019 da prestixiosa revista Rockdelux. É a primeira vez que un libro en galego entra nesta listaxe. Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 sitúase no posto 20. Unha obra que nos está a dar moitas alegrías e que condensa nas súas páxinas a totalidade do panorama […]
Neste 2020 a Editorial Galaxia cumpre 70 anos

Co gallo do seu 70 aniversario A EDITORIAL GALAXIA PRESENTA UN NOVO LOGOTIPO PARA O ANO 2020 Este ano 2020 a Editorial Galaxia cumpre 70 anos. Fundada en 1950 leva sete décadas de servizo ao país. Co gallo deste aniversario, todas as publicacións que vexan a luz durante 2020 farano cun novo logomarca que, lembrando […]
Avance: Novidades literarias Galaxia 2020

O ano 2020 vai ser un ano moi especial para a nosa editorial pois cumprimos 70 anos de historia. De seguido, un avance dalgúns dos títulos que imos publicar no primeiro trimestre deste ano que está a piques de comezar. A Editorial Galaxia cumpre 70 anos de vida dende o seu nacemento en 1950 e […]
Lecturas de Nadal para xs máis novxs da casa

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) preguntou en redes sociais ás súas usuarias e usuarios sobre que libros de Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega recomendarían para agasallar este nadal. Estamos moi felices porque son moitos os títulos da Editorial Galaxia que figuran na listaxe. Obras coma A fraga do meu avó, […]
A Editorial Galaxia aposta pola banda deseñada

Xa está aquí Luzbell. O demo bombilla, un traballo do ilustrador Xosé Tomás e o guionista Diego Rosales. Na editorial, estamos moi orgullosos de engadir esta fantástica novidade á nosa colección de banda deseñada. No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzbell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza […]
A Editorial Galaxia no Festival Internacional do Libro de Guadalajara

A Editorial Galaxia participará, do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2019, na Feira do Libro de Guadalajara (México). Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2,280 casas editoriais de 47 países visítana este ano, sendo India o Convidado de Honra 2019. De seguido, a programación cos actos que a nosa editorial […]
O Culturgal 2019 xa está aquí!

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais de Galicia. Trátase dunha cita de referencia que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días preséntase un programa de actividades dun total de máis de cen actos e actividades […]