Woolf, Virginia

virxinia
Woolf, Virginia

Adelina Virxinia Stephen, máis coñecida como Virginia Woolf, naceu o 25 de xaneiro de 1882 en Londres.

A escritora comezou a plasmar desde os seus inicios o desexo de ampliar as leis narrativas ata límites todavía non acadados por ninguén. Deste xeito, Virxinia Woolf destacou polo seu desenrolo do monólogo interior e o estilo poético das súas novelas, que xa utilizou nos seus comezos: A fin da viaxe (1915), Noite e día (1919) e O cuarto de Jacob (1922). Nas novelas siguintes, como A señora Dalloway (1925) e a autobiográfica Ao faro (1927), a influenza da psicoanálise de Freud e o desenrolo do monólogo interior permiten á autora crear unhas personaxes que reflicten fielmente os seus pensamentos e emocións e que, ao igual que nas obras de Marcel Proust, adéntranse nunha idea do tempo abstracta e metafórica.

Do resto das súas novelas cabe destacar As ondas (1931) onde a escritora acada o máximo nivel de evasión por medio do monólogo interior das personaxes; Orlando (1928), baseada na vida de súa amiga Vita Sackville-West, que consiste nunha fantasía histórica á vez que nunha análise do sexo, a creatividade e a identidade; e, por último, Un cuarto propio (1929), na que defende os dereitos da muller.

A actitude depresiva da escritora tanto pola desesperación da fugacidade das cousas, como pola súa preocupación en impedir as Guerras Mundiais e evitar o desprezo da muller, levouna ata o suicidio o 29 de marzo de 1941, cando se encheu os petos do seu vestido con pedras e se botou ao río.

As súas obras

As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE