von Goethe, Johann Wolfang

Goethe_(Stieler_1828)
von Goethe, Johann Wolfang

Johann Wolfgang von Goethe (Frankfurt do Meno, 28 de agosto de 1749-Weimar, 22 de marzo de 1832) foi un dramaturgo, novelista, poeta e naturalista alemán, principal representante do Clasicismo de Weimar. Exerceu unha gran influencia sobre o Romanticismo, especialmente sobre o Círculo de Jena. Foi o principal membro do movemento Sturm und Drang.

En palabras de George Eliot (1819-1880), «o máis grande home de letras alemán… e o último verdadeiro home universal que camiñou sobre a Terra». As súas novelas, poesías, dramas e mesmo controvertidos tratados científicos, serviron como constante fonte de inspiración para todo tipo de obras. A novela Wilhelm Meister foi citada por Arthur Schopenhauer como unha das catro mellores novelas xamais escritas xunto con Tristram Shandy, A Nouvelle Heloïse e Don Quixote.​ O seu apelido dá nome ao Goethe-Institut, organismo encargado de difundir a lingua e cultura alemá en todo o mundo, equivalente ao Instituto Cervantes.

As súas obras

As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE