Vélez, Xosé Manuel

Vélez, Xosé Manuel

Naceu en Ourense en 1963.

Poeta dos anos noventa continuador da liña culturalista que xa aparecera nos oitenta. Estudou Filoloxía Clásica en Salamanca e Filoloxía Xermánica en Würtzburg. Na actualidade exerce a súa labor docente nun Instituto de Ourense, actividade que compaxina coas súas colaboracións de crítica literaria na prensa galega.

Ritos de auga (1993), gañador do II Premio Martín Códax, foi escrito durante a década dos oitenta, é un poemario na liña que segue Gonzalo Navaza en Fábrica íntima, polo predominio das referencias ao mundo grecolatino e polo dominio da intertextualidade: alusións de carácter metaliterario, citas explícitas…

Outros trazos significativos da súa poesía poden ser: o triunfo da narratividade, o distanciamento entre autor e voz poética, orixinando xogos interesantes coa ironía, o coidado da forma e a potenciación do simbolismo.

As súas obras

Ritos de auga
ritos de auga
esgotado