Villar, Rafa

RAFA
Villar, Rafa

Rafa Villar naceu en Cee, na Costa da Morte, en 1968. Alí vinculouse ao asociacionismo cultural de base. É licenciado en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 1995 traballa no Departamento de Normalización Lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi un dos promotores do Batallón Literario da Costa da Morte e da colección de poesía Letras de Cal. Nos últimos anos participou activamente do movemento social Nunca Máis, do que foi un dos seus voceiros públicos.

Como poeta, leva publicado unha ducia de títulos, entre os que se poden salientar: A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou sombra (1997), Días de Sherezade (2000), Escoración dos días (2007), Memoria de Ahab (2007) ou Migracións (2008). Acuarelas é a súa primeira incursión na literatura infantil.

As súas obras

Acuarelas
acuarelas
10.20€ CON IVE