Leticia Vila Sexto naceu en París fai 39 anos. De cativa trasladouse a vivir coa súa familia a Galicia, onde ten as súas raíces. Con Os traficantes de papagaios, o seu primeiro libro, quixo recuperar un soño que tiña de pequena: poder comunicarse cos animais na súa propia lingua.