Miguel Vila é xornalista e ten no mundo da cociña unha das súas paixóns fundamentais.
É autor do Dicionario galego de gastronomía publicado no ano 1999 e de Caldeirada para dous (mortos) do ano 2003, co que obtivo o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2004.
Recibiu o Premio Alimentos de España 2005 ao mellor labor informativo continuado, concedido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
En 2006 publica con Galaxia A cociña do Merlín que foi Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, como mellor libro galego de gastronomía.