Vergara Vilariño, Fiz

fiz
Vergara Vilariño, Fiz

O poeta Fiz Vergara Vilariño naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. Da primeira época son Para vós (1971) e Encontro cos tiburós (1973).

A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998).

As súas obras

¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida
9788411760331
21.50€ CON IVE
Nos eidos da bremanza
eidos bremanza
esgotado
Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda. Antoloxía poética
fiz-vergara-vilarinho
19.60€ CON IVE