Vega , Rexina

rexina-vega-manuel-forcadela
Vega , Rexina

(Vigo, 1966) é unha profesora universitaria e serodia escritora de ficción. Comezou no ámbito do ensaio filolóxico con estudos como Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Premio Ricardo Carvalho Calero 1997) e na tradución literaria, acadando o premio Stendhal por El secuestro, versión de La Disparition, de Georges Perec. No ano 2007 decidiuse a publicar a súa primeira novela, Cardume, galardoada co premio Xerais. En 2012 publicou Dark Butterfly e en 2017 Nadie duerme, versión que aparece retroautotraducida para o galego en 2019 como Ninguén dorme. Colaborou no volume Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017) e na antoloxía Textos potentes. Atlas de literatura potencial, coordinada por Pablo Martín Sánchez (2019).

Foto da autora de Manuel Forcadela

As súas obras

O estado intermedio
9788491515555
18.40€ CON IVE