Vázquez Silva, Iria

iria-vazquez-silva
Vázquez Silva, Iria

(Vigo, 1980). Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña e especialista en Estudos de Xénero pola Universitat Autònoma de Barcelona (2006) e pola Universidade de Vigo (2008). Desenvolveu distintos proxectos de investigación no eido da socioloxía de xénero e das migracións. Traballou varios anos no ámbito da intervención social con mulleres en situación de violencia e colabora con diversos colectivos feministas de Galiza. Na actualidade é profesora interina de socioloxía na Universidade de Vigo e integrante do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da coruña. Coordinou, xunto a Laura Rodríguez Salgado, o libro Muller inmigrante, lingua e sociadade (2017), publicado tamén en Editorial Galaxia.

As súas obras

Cómplices. A violencia machista institucional
complices-a-violencia-machista-institucional
21.20€ CON IVE