Naceu en Lugo en 1955. Formou parte do colectivo Cravo Fondo. Ata 1984 non publicou o seu primeiro libro individual, o poemario Tránsito. A este seguiron outros libros de poesía, como Emaín (1985), Rosa clandestina (1989, Premio Leliadoura), A porta do lume (1992, Premio Esquío) e Areas de fondo (1992).
Como narrador iniciouse en 1985 con Contos nocturnos, co que obtivo o Premio Galicia de narrativa. En 1995 publicou o exitoso libro O Capitán Lobo Negro, volume de relatos que obtivo ao ano seguinte o Premio da Crítica Española. A súa actividade como narrador continuou con outros libros como Os ollos da sentinela e As grandes carballeiras.