Naceu no ano 1955 en Bilbao, cidade na que reside. Licenciado en Filoloxía Vasca pola Universidade de Deusto.
Traballa como guionista profesional para cinema e televisión.
Como escritor publicou unha ducia de libros que abranguen distintos xéneros: literatura infantil e xuvenil, narrativa para adultos, poesía e teatro, aínda que as súas preferencias camiñan cara a ficción ciéntifica e a novela de aventuras. Dentro deste subxénero narrativo podemos encadrar O guerreiro Branco, viaxe iniciática co pano de fondo das lendas célticas, que perviven nos pobos irlandés e vasco. Con este libro Joanes Irkixo gañou o Premio Abril de Literatura para a Mocidade 2003, concedido por Editores Asociados.