Tovar, Antón

tovar
Tovar, Antón

Antonio Tovar Bobillo naceu en Rairiz de Vega en 1921. Estudou Filosofía e Letras e foi funcionario de Facenda e libreiro. Considerado como un dos máis grandes poetas galegos vivos, a súa obra comprende títulos como Arredores (1962), Non (1967), Calados esconxuros (1980), Berros en voz baixa (1990), A nada destemida (1991). En castelán é autor de libros como El tren y las cosas e La Lanzada (Versos hacia el mar). En 1989 publicou en Galaxia o libro de relatos A grande ilusión e outros contos. Ese mesmo ano apareceu Diario sin datas, do que o Diario íntimo dun vello revoltado (2001) pode considerarse en boa medida unha continuación. O 16 de xuño de 2004 faleceu en Ourense, logo dunha longa enfermidade.

As súas obras

Diario íntimo dun vello revoltado
foto
18.60€ CON IVE
A grande ilusión e outros contos
grande ilusion
14.70€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE