Torres, Sabino

sabino
Torres, Sabino

Sabino Torres Ferrer (Pontevedra, 1924-Madrid, 2016) comezou a súa actividade periodística en Pontevedra en 1943 na Revista Finisterre xunto con Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 coa colaboración de Manuel Cuña Novás e Emilio Alvarez Negreira editou a colección poética Benito Soto cuxo primer director foi Celso Emilio Ferreiro. En 1952 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi ademais de editor, redactor-xefe e subdirector. En 1992 con Emilio Álvarez Negreira fundou a colección poética Hipocampo Amigo que continúa a editar poesía.

Ten publicado os libros Cuaderno de Carmen (1949), Ondas do mar comigo (1997), Trovas de Nadal (1999), Xograría nova (2000) e Intres de soidade (2001).

As súas obras

Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960
Crónicas dun tempo escondido
24.95€ CON IVE
As tres columnas
columnas
15.60€ CON IVE