(Boiro, 1983) é escritora, docente e investigadora. Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Ciencias da Educación na Universidade Internacional de La Rioja, onde desenvolve o seu labor nos ámbitos da innovación educativa, o ensino de linguas e a educación inclusiva. É unha das fundadoras da Asociación Cultural Barbantia, da que é secretaria, e autora de diversos traballos sobre a cultura, o folclore e a tradición oral galega. O seu compromiso coa inclusión levouna tamén a cofundar BarbanTEA, asociación dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas autistas e das súas familias mediante o acompañamento, a formación e a sensibilización social e educativa. É coautora, xunto con Rosa Araújo, de Vítor é autista, un libro ilustrado por Laura Pérez Delgado e dirixido ao alumnado de primaria. Con esta mesma ilustradora creou Paio e o Gatipedro, obra gañadora do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi 2026.