Dores Tembrás (Bergondiño, 1979), licenciouse en Filoloxía Hispánica no 2001. Tras una bolsa predoutoral da UDC e de distintas estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Buenos Aires defendeu a súa tese doutoral: 'La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro' (2008). En 2009 publicou o seu primeiro poemario O pouso do fume, finalista dos premios de la AELG 2010 na categoría de poesía. Participou coa serie de poemas 'Esquiagrafías' na Revista das Letras, 'OPIVM' na revista Dorna e 'Silabario' en Caravansari. Tamén en antoloxías como elas ou Poetízate, e noutras revistas e volumes colectivos como Mulheres entre poesía e luita ou Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea.
En diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez escribiu un breve poemario en 2010, todavía inédito, sobre quince cadros abstractos, cristalizados nun libro de artista: Alentos ao vacío. Ademáis da súa faceta investigadora, dende hai anos imparte seminarios e obradoiros literarios en institucións públicas e privadas.