(O Porriño, 1968) é avogado e profesor de Dereito da Universidade de Vigo. Publicou varios libros sobre temas xurídicos e participou en diversas publicacións científicas no seu campo académico. Tamén é autor do poemario De amor e outros medos (2013) e dunha novela de literatura xuvenil, Os números viaxeiros (2023).
A súa vocación social e de aprendizaxe levárono a traballar como voluntario en causas de dereitos humanos en varios países, como O Perú, Guatemala, Ecuador, Bolivia e Colombia, e viaxar por diferentes países doutros continentes, compartindo experiencias con diversas e variadas culturas.
@xulioteixeira