É catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Roma I e doutor honoris causa das universidades de Santiago e Barcelona. A súa traxectoria investigadora céntrase no estudo da poesía lírica galego-portuguesa, da poesía lírica e narrativa provenzal, catalana e francesa. Ten publicadas numerosas edicións críticas e ensaios.