Suárez Abel, Miguel

miguel
Suárez Abel, Miguel

Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, Arzúa, 1952). Licenciado en Psicoloxía, exerce como profesor de Ensino Secundario no Insituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa (na actualidade en El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e El Progreso), deuse a coñecer como escritor a principios dos anos oitenta cando o premiaron no concurso Modesto R. Figueiredo por tres relatos curtos: O fillo do Serafín (Accésit no 1981), O Quiquiriquí (primeiro premio no 1982) e A alemana (finalista no 1986). Gañar o Premio Blanco Amor coa novela Turbo (1988) resultou un paso significativo na súa evolución. Posteriormente publicou Álvaro Pino (1989), Sabor a ti (finalista do Premio Xerais en 1991), Selva Negra (1993) e participou con relatos en libros colectivos como Contos do Castromil (1992), Unha liña no ceo (1996), Novo do trinque (1997), Contos dende a arquitectura (Colexio de Arquitectos de Pontevedra, 2003). No ano 2001 recibe o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba. No 2002 gana o Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia por O repenique de Beatriz Goldar (Ir indo, 2003). E no ano 2007 recibe o Premio Periodístico Puro Cora.

As súas obras

Nunca te vin chorar
nunca
18.90€ CON IVE