Bélxica 1903-1989.
Novelista belga nacido en Lieja. Autor enormemente prolífico, escribiu centos de novelas populares, utilizando diversos seudónimos. É coñecido principalmente pola súa serie de novelas policíacas do inspector Maigret, que resolve os seus casos grazas a unha notable intuición psicolóxica e a un coñecemento profundo das motivacións do delincuente.
Estas novelas tiveron un éxito enorme e foron traducidas a 55 idiomas.
Outras novelas de Simenon tamén tratan o tema policíaco, como O home que miraba pasar os trens (1946). A SÚA autobiografía, Memorias íntimas (1981), pon de manifesto as súas propias obsesións neuróticas e conta a historia do suicido da súa querida filla; outros contos autobiográficos son Cando eu era vello (1972), Carta a miña nai (1974) e a novela que recreou a súa infancia e adolescencia Pedigree (1948)