(Vilagarcía de Arousa, 1961), defínese como un obreiro cotián da filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno… Entre as súas publicacións, que considera que “non son nin máis nin menos que tentativas de camiñar entre a derrota e a esperanza”, destacan os seu traballos poéticos Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001); os narrativos: Viñeron do espacio interior (1996), A velocidade do frío (Premio Xerais, 1996), Bailarina (1999) e Interferencias (2015). No terreo musical, ademais dos seus traballos en solitario A velocidade do frío (1997) e Presentimento (2001), conta cos discos cos grupos Korosi Dansas: Cordura (1995) e Non! (1996), e Neuroband: Microse (2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015). Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva, en www.manuelseixas.com