Ares, 1976. Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada.
Publicou tres novelas gráficas: Un hombre feliz, gañadora do Certame Castelao (2006) e premio do público ao Mellor guión no saló del Còmic de Barcelona (2008), que tamén foi adaptado a formato radio-teatro pola Radio Nacional Eslovena; Cartas de inverno, premio Isaac Díaz Pardo ao mellor Libro Ilustrado da Asociación Galega de Editores (2012); La luz, nominada Mellor Obra Nacional en Expocómic (2014).
Deseña revistas, xornais, libros e tamén libretos de discos, como os do grupo Marillion.
O soño da serpe é a súa primeira nvoela.