Gaio Salustio Crispo (Amiternum, Sabina, 86 – Roma, 35 a.C.), político e historiador, viviu baixo a influencia dun dos períodos máis apaixonantes da historia de Roma. Naceu no seo dunha familia plebea podente, formou parte do senado, de onde foi expulsado inmoralidade e logo readmitido co apoio de Xulio César. Foi gobernador da provincia africana para, logo da morte de César, retirarse aos célebres Horti Sallustiani de Roma, onde se dedicou aos estudos históricos.
Os seus relatos da chamada Conspiración de Catilina (De coniuratione Catilinae o Bellum Catilinae) e da Guerra Iugurtina (Bellum Jugurthinum), chegaron ata nós completos, xunto a fragmentos do seu maior e máis importante traballo, Historiae, unha historia de Roma desde o 78 ao 67 a.C., que pretende ser unha continuación do traballo de Lucio Cornelio Sisena.
A súa obra exerceu unha fonda influencia nos historiadores das xeracións posteriores.