Escritor e guionista de cómics dende os anos 90. En 2013 funda Rosetta Studio para crear cómics en galego para as páxinas dominicais dos periódicos galegos —La Región, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, El Progreso e El Correo Galego— coa intención de que autores galegos, españois e internacionais acheguen o seu talento na creación de historias orixinais ambientadas e producidas en e para Galicia. Dende entón creánse máis de catorce series, como Roberto Rosetta, Breogán, Martín Moral, A Camada da Terra, As novas aventuras de Buffalo Bill, etc, con autores como Xosé Tomás, Abraldes, Esteban Maroto, Alex Saviuk, Pat Broderick e Stephen Scott, entre outros. Actualmente traballa nunha adaptación de Drácula co artista arxentino Gonzalo Ruggieri.